AO PARLAMENTO DE GALICIA
AS PERSOAS ABAIXO ASINANTES, ao abeiro do artigo 29 da Constitución española de 1978 que recoñece o dereito fundamental de petición colectiva, e de acordo co previsto pola Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, SOLICITAMOS QUE, no exercicio das súas competencias constitucionais, o PARLAMENTO DE GALICIA remita á Mesa do Congreso dos Deputados unha proposición para a reforma dos artigos 87.3, 92 e 166 da Constitución, de xeito que:
- se supriman os límites materiais que impiden o exercicio da iniciativa lexislativa popular en materias propias de lei orgánica, tributarias ou de carácter internacional e no relativo á prerrogativa de graza,
- o referéndum previsto no artigo 92, ademais de sobre cuestións políticas de especial transcendencia, poida versar, tal e como contempla o Anteproxecto de Constitución, sobre as leis votadas polas Cortes Xerais e aínda non sancionadas, e a derrogación de leis en vigor. Tamén que o referéndum poida ser solicitado por 500.000 persoas e que o resultado sexa vinculante se participou na votación a maioría de quen teña dereito a facelo e se o aproban por maioría dos votos validamente emitidos,
- a cidadanía poida, en número de 500.000 persoas, promover a reforma da Constitución.
Solicitamos que unha vez aprobada esta reforma polas Cortes Xerais se someta a referéndum de acordo co previsto no artigo 167 da Constitución.
Finalmente, pedimos que a contestación a esta petición se inserte no diario oficial que corresponda.
Para os efectos de calquera notificación, enviar as…(Nome e enderezo da persoa responsable para recibir notificacións)